Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE denuncia o abandono e o lixo que acumula a área recreativa de Moucheira en Reboreda

RR_Noticias

Esixen ao goberno local que acometa unha serie de medidas orientadas a recuperar este espazo de 4.000 metros cadrados situado no lugar de Asnelle de Arriba na parroquia de Reboreda. As medidas demandadas pasan por realizar labores de limpeza e recuperación da zona, ademais de facer melloras como a creación dun pasamáns na baixada a fonte ou no propio camiño que chega a esta área recreativa.

Dende o PSOE lembran que este espazo fora recuperado no ano 2006 logo de que a Consellería de medio ambiente investise 60.000 euros no lugar co obxectivo de recuperar “un espazo degradado por especies invasoras”. Sen embargo, oito anos despois aseguran que o lugar sufre “un estado de total abandono” xa que, segundo apuntan “dende a propia baixada polo Camiño do Río se pode observar o mal estado do vial e as silveiras que colgan e dificultan o paso”. Unha vez abaixo, un pasamáns de madeira torto e case podre protexe aos viandantes da caída ao río e detrás do mesmo, moitas ramas secas amontóanse contra el. Engaden que a maleza toma posesión tamén da maioría das mesas de madeira dispostas ao longo da zona, impedindo o seu uso.
Xa no pequeno areal, a propia baixada resulta máis que complicada dado o abandono da zona. Sen embargo, aseguran que o grave espera abaixo “onde o lixo amorease ao redor da mesa que se te atopa á beira do río acrecentando aínda máis a sensación de falta de actuacións no lugar”.
Dende o PSOE denuncian “esta situación de total abandono que sofre a área recreativa de Moucheira” e aseguran que non é esta unha situación exclusiva deste espazo e poñen como exemplo “as aglomeracións de lixo e maleza na zona da Portela, na pista da Xunqueira ou no río ao seu paso pola Casa da Torre”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará