Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lenda reivindica os dereitos dos enfermos mentais no Día Mundial da Saúde Mental

RR_Noticias

Baixo o lema “Fronte á crise. O valor dos nosos dereitos” usuarios e monitores de Lenda celebraron hoxe o Día Mundial da Saúde Mental convidando aos viandantes a degustar doces variados nunha mesa instalada na praza Alejandro Otero. Con este acto queren reivindicar “unha atención de calidade mediante unha detección precoz, a continuidade nos tratamentos e o apoio á autonomía do enfermo” e sensibilizar á poboación sobre unhas doenzas que afectan a unha porcentaxe moi elevada da sociedade.

Unha crise económica que está a incrementar o número de diagnosticados por enfermidade mental e que a un tempo tamén está a recortar as achegas económicas a centros como Lenda. Centros que dende hai anos están a cubrir unha atención que deberían cubrir as administracións pero que acabaron asumindo os propios familiares dos afectados para poder así dar unha atención axeitada aos enfermos mentais para a súa recuperación e rehabilitación. A supervivencia destas institucións depende da propia achega dos socios e sobre todo das subvencións das administración que, coa escusa da crise, están conxeladas dende hai décadas ou incluso se recortan. A outra pata do banco ata o de agora eran as achegas de diferentes entidades privadas, que nos últimos tempos practicamente desapareceron. Ante esta difícil situación aproveitaron hoxe a conmemoración do Día Mundial da Saúde Mental para saír á rúa baixo o lema “Fronte a crise. O valor dos nosos dereitos” e reivindicar así unha maior compromiso por parte dun goberno que en palabras do tesoureiro da asociación “non está a amosar ningún tipo de sensibilidade con estes enfermos”.    

Jaime Figuerosa tesoureiro Asociación Lenda
Fronte a crise é cando máis hai que defender uns dereitos que nos garantan a atención sanitaria pública e de calidade
Críticas aos gobernos
Entenden que nin a Xunta nin o goberno estatal está a amosar sensibilidade cara os enfermos mentais
Máis enfermos coa crise
O número de consultas ten aumentado notablemente

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará