Case a totalidade de bateas de mexillón da comunidade galega están pechadas por mor da reaparición dun novo episodio de “marea vermella”. O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño ordenou o peche tras detectar altos niveis de células de toxinas diarreicas e a única zona que non está afectada é Redondela, xa que do seu seis polígonos de bateas, cinco están abertos.
Os primeiros peches tiveron lugar a principios de mes na Ría de Betanzos e tamén en Bueu e Cangas, expandíndose nos últimos días polo resto da Ría de Pontevedra e Muros-Noia e tamén en Vigo. Só na xornada de onte o Intecmar clausurou 23 polígonos en toda Galicia, o que reflicte a virulencia deste episodio que coincide cunha das mellores épocas do molusco. Onte se elevaron a 46 os polígonos de bateas de mexillón pechados en Galicia, permanecendo abertos unicamente os Redondela B-G, Redondela C-F, Redondela D e Redondela E. Con estes novos peches a ría máis prexudicada foi, sen dúbida, a de Arousa, que é tamén a máis produtiva e a que alberga maior número de bateas -2.200 sobre un total de 3.300-. A marea vermella é un fenómeno natural que se produce por microalgas presentes no fitoplancto mariño e que baixo condicións ambientais favorables -como o bo tempo- se multiplica. É a chamada toxina PSP, que é paralizante e que pode provocar nas consumidor molestias de tipo intestinal como vómitos, náuseas ou diarreas. O mexillón que está no mercado pódese consumir sen risco algún para a saúde xa que chega aos fogares polas canles regulares de comercialización.