Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xosé Couñago reivindica a microtoponimia en Vilar de Infesta

RR_Noticias

O profesor Xosé Couñago será o encargado da charla “Os nomes de lugar, patrimonio inmaterial da parroquia” que se impartirá esta tarde ás 20:30 horas no centro cultural de Vilar de Infesta. Unha actividade organizada por Normalización Lingüística e que serve para solicitar colaboración dos veciños no traballo de recuperación da toponimia que está a desenvolver este departamento.

Un monumento de palabras. Xosé Couñago fai súa a definición de Gonzalo Navaza cando se refire aos nomes de lugar. Un patrimonio inmaterial que está a desaparecer cos máis vellos do lugar e que dende o departamento de Normalización Lingüística queren recuperar nas parroquias do concello. Para solicitar a colaboración de todos os veciños nese traballo de recuperación e transmitir tamén a importancia de conservar esa microtoponimia que “amosa a singular vinculación entre o home e o territorio dende hai milleiros de anos” esta tarde terá lugar en Vilar de infesta un relatorio baixo o título “os nomes de lugar, patrimonio inmaterial da parroquia”, unha charla na que se convidará aos asistentes a colocar nas súas vivendas e leiras o nome que tradicionalmente se lles daba a eses lugares. Falarase tamén de singularidades propias de Vilar, lembrando cal é a orixe do nome da parroquia ou mergullándose no significados dos nomes de diferentes zonas. Asistirán tamén a esta charla membros da cooperativa Trespés, que explicarán como se vai desenvolver o proceso de recollida que vai ter lugar en Cabeiro e Vilar nas vindeiras semanas. Solicitarán a implicación dos veciños como informantes de primeira man en todo este proceso de posta en valor dos nomes de lugar.  

Xosé Couñago
Unha charla na que se incidirá na importancia de non perder a toponimia
Curiosidades toponímicas
Os veciños poderán coñecer de onde proceden nomees tales como o propio Vilar de Infesta

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará