Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Torres Agrelo e casa As Chivas participan dunha nova edición do Outono Gastronómico

RR_Noticias

O programa gastronómico en turismo rural promovido por Turismo de Galicia ten por obxectivo dinamizar e favorecer a desestacionalización deste segmento durante os meses de outono. Por primeira vez a iniciativa inclúe a posibilidade de contratar un Bono Agasallo para regalar unha experiencia turística a familiares e amigos.

Na área territorial de Vigo son cinco as casas de turismo rural que participan desta iniciativa. Ademais dos establecementos Torres Agrelo e As Chivas de Redondela participan a casa La Garita de Cangas, Pazo da Escola de Gondomar e Casa San Lourenzo de Baiona. En total, na provincia o programa agrupa a un total de 31 casas de turismo rural.
Na edición 2013, ata o 15 de decembro, as casas de turismo rural de Galicia participantes neste programa ofrecen ao cliente a posibilidade dun Menú Outono Gastronómico que lles permite escoller un completo menú que consta de entrante, primeiro prato, segundo prato e sobremesa, café ou infusión, viños con Denominación de Orixe galega e outras bebidas a un prezo de 30 euros por persoa.
Un Paquete Outono Gastronómico que permite degustar o Menú Outono Gastronómico e pasar a noite na casa elixida, incluíndo os almorzos do día seguinte por un prezo de 110 euros para dúas persoas en cuarto dobre ou de 70 euros para unha persoa.
A terceira posibilidade consiste nunha Fin de Semana de Outono Gastronómico, que inclúe dous menús por persoa, máis o aloxamento -noite de venres e sábado- por 190 euros para dúas persoas en cuarto dobre e 130 euros para unha persoa en cuarto individual.
Se os viaxeiros quixesen compartir coa familia unha fin de semana dentro deste programa turístico, poden escoller a opción Fin de semana familiar gastronómica, que inclúe ofertas para un e dous nenos de ata 14 anos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará