Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contacontos e obradoiros nas bibliotecas municipais

RR_Noticias

A biblioteca de Redondela acolle este venres un contacontos a cargo de Fátima Fernández. A actividade, orientada a nenos de todas as idades, leva por título “Un reino complicado” e terá lugar na sala infantil ás 18:30 h. En Chapela está a berto o prazo de inscrición para participar nun obradoiro de creatividade que terá lugar o 11 de outubro.

A axencia de lectura de Chapela ten aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro “dende o punto ao infinito” no que o contador Manuel Solla xogará cos rapaces a espertar a imaxinación e a achegarse á creación dun xeito doado e ameno. Partindo do punto (.) os participantes chegarán á creación de persoaxes, historias, contos, dramatizacións, etc., mentres pasan pola música, a expresión corporal, a expresión plástica, o traballo en equipo, a diversión, ata chegar, ¿quen sabe?, tal vez, ata o Infinito. O obradoiro está destinado a rapazada dende os 6 e ata os 14 anos. É gratuito, pero se precisa inscrición previa. Para anotarse, contactar coa Biblioteca de Chapela.   

Mª Elena Becerra biblioteca de Redondela
Un contacontos para pechar a semana

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará