Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela suma 24 parados e sitúase nos 2.732 desempregados

RR_Noticias

Logo de sete meses de baixadas consecutivas, o mes de setembro deixa no noso concello un novo empeoramento do mercado laboral, con 24 novos parados nas listas do desemprego, Así se recolle nos datos feitos públicos onte pola Consellería de traballo que tan só nos deixa un dato positivo na bisbarra, un lixeiro descenso no concello de Soutomaior.

O mes de setembro é tradicionalmente e así o recollen as estatísticas un mal mes para o mercado laboral. Na nosa comarca foron varios os veciños que se tiveron que anotar nas listas do INEM. En Fornelos de Montes o incremento foi mínimo, de tan só unha persoa sendo agora 218 as que se atopan en situación de desemprego, mentras que en Pazos de Borbén son 440 as persoas nesta situación logo dun incremento en cinco desempregados.
Redondela tamén experimenta un incremento con 24 novos parados, aínda que neste caso o máis salientable é que se racha cunha tendencia á baixa que nos estaba a acompañar dende o pasado mes de febreiro. Sete meses de caída nos datos do paro que experimentan agora un pequeno repunte con esas novas anotacións
O único dato positivo atopámolo en Soutomaior cun lixeiro descenso que deixa o número de parados en 859, nove menos que no mes anterior.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará