Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela futbol Sala cae pola mínima ante un dos favoritos da categoría, o Talleres ABC Vigo

RR_Noticias

Segunda xornada da Liga galega e o Futbol Sala Redondela malia non vencer si convenceu, xa que no encontro disputado na fin de semana a derrota foi pola mínima e ante un dos equipos favoritos da categoría, xa que se trataba dos actuais campións, os vigueses do equipo Talleres ABC.

O encontro non defraudou a ninguén. O Redondela F.S. fixo unha moi boa primeira parte na que os vigueses so lograron marcar un tanto minutos antes de chegar ao descanso. No segundo tempo os locais arriscaron e Jose sería o encargado de marcar dous novos tantos para o Talleres ABC. Pey co 4-1 deixaría moi de cara a partido para os seus. Un resultado que non desanimou ao Redondela que lograron apertar o encontro ata acadar o definitivo 4-3 a falta de algo máis de dous minutos. Seguiríano intentando incluso no último minuto pero o partido non deu para máis.
Moi boas sensacións nestes inicios ligueiros segundo explicou o adestrador do equipo Julio Mougán.
O Redondela cae á novena posición e na vindeira xornada reciben ao Quinta Tui.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará