Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Solla&CIA Chapela e SAR cumpren nos seus compromisos ligueiros

RR_Noticias

O balonmán local está de parabéns logo de que o Solla&Cía Chapela e a SAR lograran superar aos seus rivais nos partidos disputados na fin de semana. Os de Fran Teixeira acadaban unha importante vitoria ante o Palma del Río, nun encontro disputado na casa e que remataba co resultado de 32-21. A SAR sitúase no segundo posto da clasificación logo de vencer ao Granitos Ibéricos por 22-24.

Primeira vitoria para o Solla&Cía na que foi a terceira xornada da tempada na división de honra B. Xogaban os de Chapela ante o Palma del Río, conxunto que partía como favorito pero que nada puido facer ante os xogadores de Fran Teixeira, que recuperaba para o equipo a Óscar, xogador que ata esta fin de semana non puidera disputar ningún minuto pola súa lesión no tabique nasal. E precisamente os goles de Óscar, que marcou sete tantos, e as paradas de Celti serían determinantes para que os de Chapela se fixeran coa vitoria.
Os últimos minutos do encontro foron os máis salientables en canto ao xogo para o Chapela, que logrou unha vantaxe de dez goles. O próximo sábado desprázanse a Santander, onde xogarán co Torrelavega.
1ª nacional masculina
Enfrontamento entre dous equipos recén ascendidos, a Sar Plastic Omnium e o Granitos Ibéricos onde os de Redondela foron claramente superiores na primeira parte do encontro. Despois do descanso as cousas mudaron pero os locais non foron quen de plantarlle cara á SAR que finalmente fíxose co partido cunha vantaxe de dous goles. Un encontro que rematou con vitoria para os de Redondela por 22-24, equipo que na vindeira semana recibe na bomboneira a un dos últimos da categoría, o Bueu.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará