Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno rexeita paralizar a cementeira ante o risco de ter que indemnizar á empresa con 36 millóns

RR_Noticias

A petición chegaba dende a Agrupación de Electores quen, a través dunha moción, solicitaban que o goberno local procedese ao “precinto inmediato de todos os accesos e instalacións da cementeira Hormigones Vigo en Vilar”. Unha demanda que non contou co apoio de ningún dos grupos por entender que esta actuación podería ter consecuencias nefastas para as arcas municipais.

Na sesión de onte interviña de xeito excepcional a secretaria municipal quen, como representante dos servizos xurídicos do concello, explicaba que malia as reiteradas sentencias en contra da empresa a Hormigones Viso e a favor do veciño denunciante, José Manuel Crespo “non existe orde directa do xulgado para que se proceda a pechar esta empresa” situada en Vilar, xa que de existir este mandato o Concello tería cumprido coa orde xudicial. Engadía ademais que no caso de aprobarse a moción o concello podería ter que afrontar unha reclamación dos propietarios da cementeira por valor de 36 millóns de euros “cantidade que excede a propio orzamento do Concello” Unha aclaracións que se producían logo de que o edil da Agrupación de Electores, Alfonso Blanco, pedise o apoio do resto dos grupos para proceder ao peche da planta “que leva 24 anos exercendo a súa actividade de xeito ilegal tal e como así o están a confirmar as diferentes sentencias xudiciais”, motivo polo que ao entender de AER “o Concello debería precintar as súas instalacións de xeito inmediato”. O BNG, malia cualificar de “expediente sangrante” a documentación existente en torno a esta empresa e recoñecer que “o Concello ten parte de culpa por deixar facer en todo este tempo” non apoiaron a proposta ante o risco de poñer en perigo a viabilidade económica do concello. Do mesmo xeito se manifestaban dende o PSOE. O edil Luís Orge entende que para non prexudicar os intereses xerais dos veciños xa que a clausura da planta podería acarrear unha indemnización millonaria, o máis axeitado é esperar a que finalice o procedemento de declaración de lesividade interposto polo Concello. Opinión que comparten tamén no propio grupo de goberno. A popular Teresa París explicaba que este tema está pendente de resolución xudicial e que por prudencia non van adoptar ningunha decisión mentres o proceso non remate.  

Secretaria municipal
A funcionaria explica a situación legal e procesal de Hormigones Vigo
Alfonso Blanco AER
Piden a paralización inmediata da empresa
Cecilia Pérez BNG
Amosa as súas reticencias ás petición de AER
Luis Orge PSOE
Non prexudicar os intereses da cidadanía
Teresa París PP
O PP rexeita as peticións de AER mentres o caso estea sub judice

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará