Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

San Simón acolle a presentación do coro infantil O Reiseñor de Cesantes

RR_Noticias

Voces infantís e adultas soarán este domingo na II edición do Festival de Corais “Cantiga de Mendiño” que se celebra na Illa de San Simón organizada por segundo ano consecutivos polo Círculo Cultural de Cesantes. A entrada para asistir ao evento, con viaxe ida e volta e comida incluída, custa 15 euros.  

Un festival que contará coa presentación en sociedade do Coro infantil “O Reiseñor” do Círculo Cultural Recreativo de Cesantes, vinte voces de nenos con idades comprendidas entre os 8 e os 11 que amosarán as súas cualidades vogais ante o público nun espazo privilexiado como é a Illa de San Simón. Compartirán escenario coas corais A Raíña de Cedeira, O Piñeiral de Chapela e Pedra Branca de Cesantes. Un espectáculo que arrancará ás 11:30 horas e que se prolongará ata as 17:30 horas e que se completa cunha exposición de fotos antigas a cargo do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy. O prezo da entrada é de 15 euros e inclúe o traslado en barco dende o Porto de Cesantes ata a Illa con posterior regreso e a degustación de petiscos variados a tódolos asistentes. As entradas pódense adquirir no Circulo de Cesantes, no multiusos do Piñeiral e no Centro Cultural de Cedeira. Dende a organización lembran que o aforo é limitado para que todos os interesados obteñan as súas entradas o antes posible.  

Jorge Rodríguez presidente do CCD Cesantes
Grandes e pequenos subiranse ao escenario
Entrada con comida incluída
A asistencia custa 15 euros con viaxe e comida incluída

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará