Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As escavadoras limpan a canle do Rio Pexegueiro

RR_Noticias

O obxectivo é retirar as raíces das espadanas que invadían a canle así como a vexetación das beiras do río para evitar que se produzan desbordamentos coa chegada das choivas. O edil de Medio Ambiente, Miguel Angel Álvarez Ballesteros acusa ao PSOE de facer demagoxia cando días atrás criticaron que non se realizasen estes traballos “cando saben que son actuacións que se fan de forma programada e cas autorizacións pertinentes”.

A limpeza que se está a realizar no río Pexegueiro consiste na retirada das raíces das espadanas que se atopaban invadindo a canle do río o que impedía o paso da auga. Unha limpeza integral que en vindeiras datas se realizará tamén no Alvedosa e que inclúe a retirada da vexetación das beiras dos ríos para evitar que coas primeiras choivas se produzan inundacións.
O Concelleiro de Medioambiente, Miguel Angel Álvarez Ballesteros asegura que se trata dunha actuación programada e que require das autorizacións pertinentes de Augas de Galicia e cualifica de “demagoxia política” as declaracións dos socialistas cando días atrás criticaron que esta limpeza non se estivera a realizar malia teren coñecemento de que esta limpeza “entra dentro dunha rutina que se realiza todo os anos e que dende logo eles non facían”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará