Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A directora xeral de emprego destaca a formación como base fundamental para a empregabilidade

RR_Noticias

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitaron hoxe ao alumnado do curso de formación que se está a desenvolver en Cesantes e que permitirá a 15 desempregados formarse como técnicos de ocio turístico e náutico.Unha acción formativa vinculada á obtención dun certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado.

A Consellería de Traballo e Benestar está a destinar preto de 70.000 euros á formación destas 15 persoas, nun curso que se desenvolverá ata o próximo mes de novembro. A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitaron hoxe a estes alumnos que desenvolven a súa actividade no entorno da Illa de San Simón, na praia de Cesantes.
En concreto, a acción formativa consta de sete módulos nos que están a aprender técnicas de iniciación aos deportes náuticos, de perfeccionamento de modalidades náuticas, recursos de dinamización de clientes, comercialización e ferramentas comerciais web, xestión, organización e planificación das actividades e dos produtos turísticos náuticos así como  mantemento do material, seguridade, hixiene e primeiros auxilios.
Díaz destacou que os cursos de formación para o emprego “constitúen un dos elementos máis salientables das políticas activas de emprego por tratarse dunha medida de mellora da empregabilidade das persoas en paro, que se recolle na Estratexia Europea de Emprego e no Plan Nacional de Acción para o Emprego”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará