Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sorteos, ofertas e mellora das instalacións para fidelizar usuarios na piscina de Redondela

RR_Noticias

A empresa Serviocio, responsable da xestión da piscina de Redondela, ten en marcha diferentes medidas orientadas a manter e incrementar o número de abonados a este centro deportivo. Logo de mellorar as instalacións cun investimento este verán de 20.000 euros teñen en marcha unha campaña de “rasca e gaña” con descontos de ata o 60% nos abonos.

O xerente da piscina, José Bamio, asegura que a competencia que supón a apertura da piscina de Chapela “é un motivo a maiores para seguir mellorando e poder asegurar o mellor servizo aos seus usuarios”. Nese sentido apunta que si se produciu algunha baixa de abonados de Chapela quen, por comodidade e para evitar desprazamentos decidiron deixar as instalación de Redondela, pero puntualiza que “o descenso de usuarios é insignificativo”. E co obxectivo de que os veciños sigan achegándose a este servizo deportivo lembran en que periodicamente realizan reformas de cara a mellorar as instalacións. As últimas realizadas este mesmo verán serviron para modificar o sistema de depuración no vaso pequeno que agora consiste en depuración ultravioleta diminuíndo a presenza do cloro na augo “algo que favorece tanto a persoas con problemas de pel como aos bebés e nenos” que son que máis empregan esta piscina. Bamio lembra tamén que aquelas persoas que se fagan socios agora da piscina de Redondela optarán a facerse cun cupón desconto que lles pode reportar un aforro de ata un 60% nos seus abonos mensuais.  

José Bamio xerente da piscina de Redondela
Asegura que a competencia é un reto
Melloras nas instalacións
Realizáronse obras este verán
Rasca e gaña
Posibilidade de acceder a descontos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará