Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un individuo que de madrugada atracou dous locais na rúa Oito de Marzo en Redondela

RR_Noticias

O detido de 42 anos de idade e ao que lle constan 25 antecedentes policiais pasou xa a disposicións xudicial. Na mañá de hoxe detívose tamén a outro home en Chapela por un delito contra a seguridade do tráfico logo de sorprendelo a policía ao volante dunha motocicleta malia ter o carné retirado por orde xudicial.

Un dispositivo conxunto da Policía nacional e local permitiu a detención na madrugada de hoxe dun home de 42 anos de idade e veciño de Pontecaldelas como autor dun delito con forza na rua Oito de Marzo na zona do Salgueiral.
Os feitos tiveron lugar de madrugada cando un veciño alertou de que un varón estaba a forzar a reixa dunha cafetería, motivo polo que se trasladou ao lugar unha patrulla da Policía Local e outra da Nacional que comprobaron que o individuo xa se atopaba no interior do local de hostalaría. Procedeuse a súa detención e comprobouse que tiña no seu poder varios utensilios empregados neste tipo de delitos. Comprobouse ademais que nas inmediacións outra cafetería próxima presentaba tamén signos de ter sido forzada.
Os axentes procederon á detención do home que foi trasladado a dependencia policiais comprobándose que ao detido lle constaban vintecinco antecedentes policiais anteriores. O home pasou xa a disposición do Xulgado de Instrucción Número dous de Redondela.
Delito contra a seguridade do tráfico
Nos foi esta a única detención das últimas horas. Axentes da policía local detiñan as 12:20 horas de hoxe a un veciño de Chapela de 44 anos de idade logo de sorprendelo conducindo unha motocicleta malia ter o permiso de conducir retirado.
A detención produciuse no Camiño das Ánimas en Chapela cando os axentes sorprenderon ao detido circulando en dirección contraria, motivo polo que lle deron o alto. Ao comprobar os seus datos confirmaron que o permiso lle fora retirado logo de perder todos os puntos polo que procederon a súa detención e trasládao a Comisaría de policía.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará