Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Seis compañías de teatro pasarán polo Multiusos dentro do ciclo Outonoteatro

RR_Noticias

O ciclo, que arranca o sábado 5 de outubro, está organizado pola Concellería de Cultura e permitirá aos redondeláns achegarse ás representación das compañías Talía Teatro, Malasombra, Teatro do Noroeste, Teatro Galileo, Producciones El Zurdo e Sarabela Teatro.

En total 6 funcións teatrais orientadas ao público adulto da man das prestixiosas compañías Talía Teatro, Malasombra, Teatro do Noroeste, Teatro Galileo, Producciones El Zurdo e Sarabela Teatro. Seis sábados consecutivos que ofrecerán ao espectador a representación das obras “O método Gröbnholm”, “Misión Sapiens”, “A tixola polo mango”, “Desfeitos”, “S.O.S.” e “Viaxe a ningunha parte”.
As representacións comezarán a partir do sábado 5 de outubro e terán prezos populares: 4 € a entrada xeral, reducidos no caso de persoas xubiladas e estudantes (2 €). Ademais, a partir do 25 de setembro poderanse adquirir bonos das entradas a 20 € (10 € no caso de entrada reducida). Todas as funcións serán os sábados ás 20.00 h.
O obxectivo desta programación, segundo explican dende a Concellería “é achegar de novo as representacións teatrais máis actuais á poboación redondelá, que ten demostrado nos últimos anos unha excelente acollida e que se está a converter en público moi afeccionado ao teatro”.
As entradas poranse á venda dúas horas antes de cada representación, e a venda anticipada farase dende dous días antes a cada función no propio Multiusos da Xunqueira.
A programación inclúe compañías que chegan a Redondela grazas á colaboración da Consellería de Cultura e do AGADIC, e insírense dentro do convenio da Rede galega de teatros e auditorios.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará