Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior concede 10.000 euros ás mariscadoras para a compra de semente de ameixa

RR_Noticias

O obxectivo do concello é facilitar ás traballadoras do mar a compra de 1.200.000 unidades de cría de ameixa para así paliar os efectos das riadas do pasado inverno que provocaron unha elevada mortandade nos bancos marisqueiros.

As mariscadoras de a pé da Confraría de Pescadores de Arcade víronse afectadas o pasado inverno por unha elevada mortandade de ameixa na súa zona de marisqueo debido ás intensas precipitacións rexistradas neses período. Unha choivas que provocaron un aumento na canle do río Verdugo que multiplicou a chegada de auga doce a ría e que ocasionou a morte do marisco.
Co obxectivo de paliar esta situación, o Concello de Soutomaior ven de aprobar unha axuda de 10.000 € que se entregará ás mariscadores para a compra de semente de ameixa e así poder paliar en parte os efectos das riadas tanto a nivel ambiental coma en materia económica a todas as afectadas.
Con esta axuda as mariscadoras sementarán preto de 1.200.000 unidades de cría de ameixa, un marisco que en ano e medio este marisco podería xa recollerse en tamaño adulto e listo para a súa comercialización.
Coa sementeira de ameixa deste tipo o obxectivo é de impulsar a rexeneración dos bancos marisqueiros, buscar novas zonas de cultivos e modernizar a activade extractiva, favorecendo o uso de técnicas de cultivo de ameixa dende ás súas fases xuvenís.
O Alcalde de Soutomaior Agustín Reguera desprazouse ata o peirao de Arcade dende onde partiron todas as mariscadoras para proceder á sementeira nas zonas habituais de traballo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará