Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Entregan no concello 500 sinaturas solicitando a mellora da N-555

RR_Noticias

Os veciños da estrada que comunica Redondela con Peinador entregaron na mañá de hoxe medio milleiro de sinaturas nas que lle solicitan á Xunta que inste ao Ministerio de Fomento a realizar as reformas necesarias encamiñadas a mellorar a seguridade vial nesta estrada.

Unha petición que conta co apoio do parlamento galego logo de que de xeito unánime todos os partidos con representación nesa cámara acordasen semana atrás solicitar ao Ministerio de Fomento que se levasen a cabo esas obras de mellora que os veciños da zona veñen demandando dende hai anos.A iniciativa, nesa ocasión fora presentada na comisión parlamentaria polo grupo Alternativa galega de Esquerda (AGE) e foi aprobada co apoio unánime de todos os grupos do Parlamento de Galicia, comprometéndose asía a trasladar ao Ministerio de Fomento a realización de diferentes actuación que melloren a seguridade vial tanto para peóns como para os propios condutores tales como a construcción de beirarrúas e a dotación dun paso de peóns na rotonda na intersección entre as estradas N-555 e N-550.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará