Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco suma a súa segunda vitoria diante do Somozas no Graciano Padín de Soutomaior

RR_Noticias

O Choco levou tres importantes puntos do seu enfrontamento ante un Somozas que o tentou pero que non puido finalizar as ocasións que xerou. Na Segunda Autonómica gañou o Choco B, que se impuxo ó Bouzas, e empataron o Soutomaior e o Arcade diante do Beluso e o Figueirido, respectivamente. O Cesantes comezou a liga na Terciera Autonómica cunha derrota no campo do Presqueiras.

Terceira División
Choco 2-1 Somozas
O equipo de Jacobo Montes foi moi pragmático nun encontro no que se xogaba moito, e aproveitou as súas aproximacións á porta defendida por Abraham. Así no minuto 38 o conxunto de Redondela adiantouse no marcador, aínda que foi nun cun gol en propia porta de Fiuza. Con vitoria pola mínima chegouse ao final da primeira parte, onde o Somozas tivo ocasións, pero a vantaxe era para os redondeláns. Na segunda parte o equipo de Michel Alonso logrou empatar grazas a un tanto de vaselina de Luís Anxo, que sorprendeu a Cortegoso. Pero o Choco foi todo efectividade e nunha aproximación á área visitante Yeray aproveitou un mal despexe da zaga do Somozas para bater de novo a Abraham e sentenciar o partido. A vitoria deixa ao Choco na metade da táboa, son 10º, con 7 puntos nas cinco xornadas disputadas. O próximo domingo xogan no campo do Dorneda, equipo situado na parte baixa da táboa.
Segunda Autonómica

R.Bouzas 1-2 Choco B
O filial do Choco asinou onte un triunfo a domicilio en Bouzas, o que deixa ós redondeláns na cabeza da clasificación, empatados co Lavadores. Na próxima xornada reciben ó S.Esteban, terceira clasificado do G-12.
Soutoamior 1-1 Beluso
O Soutomaior comezou a liga do G-11 na casa cun empate a un gol diante do Beluso, un resultado que os deixa na metade da táboa. A próxima xornada dispútase o derbi local, que chega xa na segunda xornada ligueira, co Arcade-Soutomaior.
Figueirido 0-0 Arcade
Empate, neste caso sen goles, para o arranque ligueiro do Arcade no campo do Figueirido, o que os sitúa tamén na metade da clasificación. O próximo domingo reciben ó Soutomaior, co que están empatados logo desta primeira xornada.
Terceira Autonómica

Presqueiras 2-1 Cesantes
O Cesantes comezou a liga cunha derrota pola mínima no campo do Presqueiras. O resultado déixaos na metade baixa da táboa, e preparan o primeiro encontro de liga na casa, co Monteporreiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará