Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Meritorio empate do Redondela Fútbol Sala ante o Concello de Mos

RR_Noticias

O equipo de Redondela conseguía sumar un punto no seu primeiro encontro da tempada ante un dos equipos chamados a estar no zona alta da táboa, o Concello de Mos, que xa a tempada pasada foi subcampión desta Liga Galega. O encontro rematou con empate a 5 tantos.

O partido comezou moi ben para os locais cando Borja no primeiro minuto de xogo, adiantaba ós seus. A continuación Tizón ampliaba esta vantaxe cun 2-0. A partir de aquí os de Mos empezaron a facerse donos do xogo e xunto coas faltas do equipo redondelán darían a volta ao partido, de feito nos últimos dous minutos antes do descanso, tres goles visitantes permitíanlles ir ós vestiarios cunha vantaxe de 2-4.
A segunda metade comezou mal para os locais, xa que o xogador do Mos, Siso lograba un novo tanto que deixaba o marcador nun 2-5 que parecía definitivo. Con todo, os de Redondela viñéronse arriba golpeando unha e outra vez a portería do visitante Jose, ata que cando faltaban seis minutos o marcador era de empate a cinco tantos. De aquí ó final os dous equipos foron merecedores de conseguir algún gol máis, pero xa non se movería o marcador.
Un resultado moi positivo ao entender do adestrador do Fútbol Sala, Julio Mougán “tendo en conta a entidade do rival e que sempre é importante empezar sumando”. O seguinte partido é contra outro dos grandes, o campión do ano pasado Talleres ABC Vigo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará