Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Solla&Cía Chapela cae pola mínima na súa visita ao campo do Bordils

RR_Noticias

Os de Fran Teixeira non puideron facerse cos puntos do partido na súa visita a Girona e caeron ante o Bordils nun encontro que rematou co resultado de 27-26 a favor dos cataláns. Mellor lle foron as cousas á Sar que celebrou o seu retorno a Primeira Nacional cunha avultada vitoria ante o Pabellón, nun partido que finalizaba cun 27-18 no marcador.

A piques estiveron de empatar os xogadores do Salla&Cía nos últimos segundos de partido pero finalmente non puido ser e a escuadra chapeleira volveu caer pola mínima nestes primeiros pasos no seu regreso á División de Prata do Balonmán.partido moi igualado como amosa un marcador que rematou co resultado de 27-26 a favor do Bordils.
O Chapela que aínda non logrou sumar ningún punto nos dous partidos disputados ata o de agora na División de Honor B xoga na vindeira semana no seu campo. Recibirán ao Palma del Río.
Mellor lle foron as cousas a Sar. Bo debut para o equipo redondelán no seu retorno a Primeira nacional. Enfrontábanse dous recen ascendidos pero en todo momento o Plastic Omnium amosou a súa superioridade ante o Pabellón nun encontro disputado na bomboneira e que rematou co resultado de 27-18 a favor dos de Redondela.
A Sar sitúase no segundo posto da clasificación en 1ª nacional e na vindeira semana desprázase a casa do Granitos Ibéricos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará