Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE solicita que se limpen as canles dos ríos

RR_Noticias

Critica ao goberno local por non retirar a maleza da canle dos ríos e salientan a mala imaxe que os peregrinos que descansan na Casa da Torre se levan do noso concello ante o que cualifican de “lamentable aspecto dos ríos ao seu paso pola vila”.

Entenden no PSOE que “coidar o medio ambiente debe ser unha prioridade para Redondela e que a imaxe que presentan os ríos debe ser corrixida o antes posible” motivo polo que solicitan ao goberno local que “desbroce e retire toda a vexetación que crece inexorable nas súas canles”.
Os socialistas aseguran que a falta de limpeza dos ríos é patente en todo o seu percorrido pero que precisamente é na zona da Casa da Torre que é onde máis xente se concentra ao longo do día, moitos deles peregrinos, onde peor imaxe presenta o Alvedosa “a vexetación descoidada e abandonada a súa sorte supera o muro e chega ata a propia praza e, nalgúns casos, oculta totalmente a auga que transcorre por debaixo”.
Engaden que “non é o único punto no que a falta de coidados é latente” xa que aseguran que ao longo de todo o Alvedosa “a vexetación fíxose dona das beiras, deixando unha imaxe negativa para todos os veciños e veciñas de Redondela e tamén para os visitantes que chegaron durante o verán e que seguen a chegar” motivo polo que instan ao goberno local a actuar de xeito inmediato.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará