Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha vertedura procedente das obras do AVE tingue de branco os ríos Maceiras e Alvedosa

RR_Noticias

A contaminación, de cor gris-branquecino, foi detectada ao medio día de onte cando foron varias as chamadas que alertaron á Policía Local de que o río procedente do Val do maceiras baixaba de cor branca. Todo apunta a que o vertido procedía unha vez máis das obras do AVE.

O último episodio de contaminación nos ríos do Concello detectouse ao medio día de onte e a estas horas dáse por controlado. Segundo información da Policía Local o líquido que tinguiu de branco a canle dos ríos Maceiras e Alvedosa procedía dunha balsa de decantación das obras do AVE, motivo polo que os servizos municipais se puxeron en contacto co propietario da empresa que está a realizar os traballos para que tentara controlar o vertido.
A reiteración deste vertidos é constante dende que se iniciaran as obras do tren de alta velocidade no Val do Maceiras.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará