Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música moderna e tradicional na Escola de Música Municipal de Redondela

RR_Noticias

Pechado xa o prazo para o Conservatorio, as persoas interesadas en achegarse á música aínda teñen oportunidade de facelo inscribíndose nos diferentes curso que oferta a Escola de Música Municipal. Este ano como novidade haberá novas especialidades tanto en Música moderna como en música tradicional. O prazo de inscrición remata o 27 de setembro.

Todas aquelas persoas con inquedanzas musicais teñen a súa disposición diferentes especialidades na Escola de Música de Redondela ofertadas dende os departamentos de música tradicional e música moderna. No primeiro dos casos pódese elixir entre as clases de gaita, tamboril e conxunto, mentres que os amantes da música moderna poden elixir entre clases de canto, batería, teclados, combo, harmonía moderna, percusión latina e africana (Djembé). Unha oferta educativa, que segundo nos explicaba a directora do Conservatorio, Elisa Arias, busca dar resposta aos intereses dos veciños moitos dos cales xa forman parte dalgúns dos numerosos grupos rock e folk que existen no concello e que poden así resolver as súas dúbidas musicais con profesores profesionais. Insiste en que Conservatorio e Escola de música comparten instalacións malia que o seu usuario potencial é moi diferente, sendo os alumnos da escola de música aqueles que queren achegarse a unha actividade de ocio lonxe da disciplina das ensinanzas regradas. Arias anima aos veciños a achegarse ás instalacións do Centro na Avenida Mendiño para resolver calquera dúbida e obter toda a información. O horario de atención é de 18:00 a 20:00 horas.  

Elisa Arias directora do Conservatorio
Novidades en música tradicional e moderna
Actividade de ocio
Un xeito de achegarse a música de forma non regrada

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará