Hoxe é Martes 28 de Setembro de 2021
History
Stations
NOTHING FOUND!

Controlado o incendio forestal que calcinou 20 hectáreas en Amoedo

RR_Noticias

A Consellería do Medio Rural e do Mar daba por controlado ás 21:19 horas de onte o incendio forestal rexistrado no concello de Pazos de Borbén, na parroquia de Amoedo. O lume que comezara ás 17:46 horas deixou unha superficie queimada dunhas 20 hectáreas segundos as primeiras estimación.

Un novo lume afectou na xornada de onte a nosa bisbarra, nesta ocasión á parroquia de Amoedo en Pazos de Borbén que vivía o peor dos lumes do verán que a piques estivo de levarse por diante tres vivendas que se viron cercadas polas lapas.  A columna de fume, que se podía ver dende varios puntos da comarca puña de manifesto a relevancia do lume que se iniciou xusto a estrada e cuxas lapas se estenderon rapidamente en dirección a Cepeda.
Nos traballos de extinción deste lume, que se deu por controlado ás 21:19 hroas, participaron 8 axentes forestais, 17 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 9 avións. Tamén participaron bombeiros de O Porriño, Grumir de Redondela e protección civil de Mos.
A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Tamén a conta de twitter @incendios085 dedicada exclusivamente a ir actualizando a información sobre incendios.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *