Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Saxamonde acolle a II Feira de Cousas da Terra e da Casa

RR_Noticias

Unha actividade que serve para que os produtores locais poidan dar saída ao seu excedente agrícola e para que todos aqueles que teñan na casa cousas en bo estado máis que xa non usen conten cun espazo onde trocalas ou vendelas. Unha feira que nesta segunda edición complétase cunha exposición de variedades locais de froita. A cita é o sábado 21 a partir das 16:30 horas.

O Centro Cultural Chan das Pipas de Saxamonde organiza este sábado a 2ª Feira de Cousas da Horta e da Casa. Trátase dunha iniciativa que nace co obxectivo de crear un espazo para que os produtores locais poidan dar saída ao seu excedente agrícola, pór en valor obxectos que hai na casa e ao que non lle damos uso e que outra persoa poida necesitar e, por último, fomentar as prácticas de troco e de axuda mutua facilitando un lugar de encontro entre veciños e veciñas.
Nesta segunda edición, a Feira de Cousas da Terra e da Casa contará coa presenza do grupo de Baile Tradicional de Trasmañó. Xunto con esta actuación, haberá unha exposición con variedades de mazás e uvas cultivadas en Saxamonde.
As modalidades de intercambio da feira serán variadas. Quen queira, poderá poñer á venda o seu excedente agrícola e diversos obxectos da casa e, quen o prefira, poderá trocar estes elementos por outros ou por servizos.
As persoas interesadas en participar na feira só teñen que levar o seu excedente agrícola ou obxectos que teñan na casa en bo estado e que non usen. Quen estea interesado deberá pórse en contacto coa organización no teléfono 666934347.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará