Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE pregunta por qué operarios públicos traballaron na limpeza dun servizo privatizado

RR_Noticias

O partido socialista solicita ao goberno local que dea explicacións de por qué operarios do Concello realizaron tarefas de limpeza nas instalacións da piscina de Chapela un día antes da súa inauguración cando “debería ser a empresa encargada da súa explotación” quen se ocupara da limpeza do centro.

Aseguran dende o PSOE que a apertura do centro de deportes acuáticos de Chapela, que tivo lugar o pasado mes “veu precedida dun feito singular” que ao seu entender carece de lóxica: un día antes da inauguración levada a cabo polo alcalde, Javier Bas, varios operarios do Concello estiveron no centro facendo tarefas de limpeza.
Un feito que entenden non ten sentido xa que “a explotación das instalacións foron adxudicadas a unha empresa privada que, en teoría, deberían ocuparse das limpeza das mesmas”.
Por este motivo reclaman ao goberno local que dea explicacións sobre o acontecido e que aclare por qué foron os traballadores municipais e non a empresa adxudicataria quen realizou este labor.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará