Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Todos á auga en Chapela!

RR_Noticias

As recentemente inauguradas instalacións do Centro de Deportes Acuáticos de Chapela non paran de recibir novos abonados. Xa son máis de 600 as inscricións que recibiron na piscina, o que corresponde a uns 1.300 usuarios entre nenos e adultos, xa que moitos dos abonos son familiares. A matrícula segue aberta, e para os que se abonen antes do 15 de setembro este mes será de balde.

A directora do centro, Patricia Pérez, sinala que o ritmo de inscricións “é moi bo” e agardan a que a cifra siga medrando nos próximos días. A empresa Aqualia, que xestiona a piscina municipal, calcula que para un bo rendemento das instalacións deberían rexistrar uns 1.500 os abonos, cun total de 3.000 usuarios. Polo de agora o número vai en aumento, e os usuarios están satisfeitos. Logo de agardar dous anos pola apertura das instalacións, os veciños celebran a súa posta en funcionamento. Algúns, como Celso, xa eran usuarios da Piscina Municipal de Redondela, e valoran que as instalacións de Chapela “son mellores” A proximidade ao domicilio é, precisamente, o que levou a moitos veciños a matricularse no Centro de Deportes Acuáticos de Chapela. É o caso da nai de Lucía e Alexia, dúas nenas de 7 e 4 anos que antes facían natación en Redondela, e agora poden xa practicar na súa parroquia. O centro ofrece máis de trinta actividades diferentes de natación e ximnasia, que se imparten na piscina, a sala de fitness, as dúas salas de ximnasia e a de fisioterapia. As actividades realízanse nun amplo horario, xa que as instalacións están abertas ao público desde as7.30 horas da mañá ata as 13.00 horas, e pola tarde desde as 16.30 ata as 22.30 horas da noite. O prezo dos abonos oscila desde os 23 euros mensuais para os nenos e maiores de 65 anos, e os 42 euros do bono familiar para catro ou máis membros. Con este bono os usuarios poderán participar en todas as actividades que se oferten nas instalacións, como o bikeindoor, cardiobox, fitpilates ou fitpower, entre outros, ademais dos cursos de natación. O horario de atención ó público para inscribirse e recibir información é de 10.00 a 13.00 horas e pola tarde de 17.00 a 20.00 horas.    

Directora da piscina
Patricia Pérez destaca o bo ritmo de inscrición
Celso
Destaca o bo estado das instalacións
Máis cerca
Os usuarios fan fincapé en que agora xa non teñen que desprazarse até Redondela ou Vigo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará