Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O fútbol sala Redondela vence en Moaña

RR_Noticias

O encontro disputado esta fin de semana entre o San Martiño de Moaña e o Fútbol Sala Redondela rematou con vitoria para os de Mougán por 0-2. Remata así a rolda de partidos amigables desta pretempada cando a piques está de comezar a competición ligueira. Será este sábado ante o actual campión, os vigueses do Talleres ABC. Un partido que terá lugar na bomboneira.

Venceu por 0-2 ó San Martiño de Moaña, equipo co que este ano volverá a compartir Liga. Unha merecida vitoria para os de Redondela que lograron non caer no desorde defensivo exhibido ante o IES Coruxo. Os do Morrazo non foron quen de conseguir algunha ocasión clara en todo o encontro. Con todo, o equipo redondelán volveu desperdiciar multitude de ocasións xa que malia ter a posición do balón durante practicamente todo o partido non foi quen de rematar con acerto ante a portería. Segundo o adestrador Julio Moguán volverá ser esa falta de concreción o talo nde Aquiles do equipo.
Este era o último dos encontros da pretempada cando a piques está de arrancar a competición ligueira. Será o sábado no pavillón municipal de Redondela onde o Fútbol Sala recibe ao actual campión da categoría, os vigueses do Talleres ABC, novamente favoritos ó título.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará