Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada de limpeza do fondo mariño nas augas do Porto de Cesantes

RR_Noticias

Un equipo de mergulladores apoiados en terra por voluntarios, realizará mañá sábado unha xornada de limpeza submarina no Poto de Cesantes que dará comezo ás 10:30 hroas. Unha actividade organizada polos Grupos de Acción Costeira en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente na que poden participar os que o desexen comunicándoo previamente ao correo electrónico gacvigoaguarda@yahoo.es ou no teléfono 986 358109.

Pneumáticos, bicicletas ou incluso lavadoras, e outros electrodomésticos, eses son tan só algúns dos obxectos que adoitan atoparse nos fondos mariños, segundo nos explicaba Helena Herbello, dende o Grupo de Acción Costeira de Vigo A Guarda que na xornada de mañá organizan esta xornada de limpeza que busca principalmente concienciar á cidadanía sobre as nefastas consecuencia de tirar o lixo ao mar.  Por este motivo organizan ademais da recollida propiamente dita actividades divulgativas e obradoiros para os nenos co obxecto de dar a coñecer o problema. A actividade arrancará ás 10:30 coa actuación dos mergulladores que se encargarán de examinar e de percorrer o fondo do mar na procura de lixo, artes de pesca abandonadas, neumáticos… e de todos aqueles elementos e residuos que deben de ser retirados do medio mariño. Unha vez localizados se sacan á superficie e a flota de barcos de apoio izan a bordo os residuos e o lixo que a continuación é levado a porto, sendo descargado coa axuda do persoal de apoio e traballo en terra. Estas persoas son as encargadas de seleccionar os residuos e de depositalos en contedores segundo o tipo de material. Un segundo equipo de participantes é o encargado de realizar as labores de recollida e recuperación de fauna mariña, principalmente invertebrados, que chegan adheridos ao lixo que foi retirado do mar. Todos estes organismos mariños son introducidos temporalmente nun acuario no cal, tanto o público coma os participantes na limpeza os poden observar e coñecer. Cóntase cun equipote monitores e de material de estudio e divulgación (lupas, láminas, libros…) para amosar e explicar diversos aspectos da bioloxía destes animais. Posteriormente, todos estes animais que foron recollidos e recuperados dos residuos extraídos na limpeza son devoltos ao seu medio. Todas as persoas interesadas en participar na limpeza submarina deberán comunicalo ao correo electrónico gacvigoaguarda@yahoo.es indicando se participarán como mergulladores ou como persoal de apoio en terra. Tamén se pode facer a inscrición a través do teléfono 986 358109.

Helena Herbello Grupos de Acción costeira
Unha xornada aberta que arrancará ás 10:30 horas
Labor de concienciación
Un traballo que se fai en diferentes niveis

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará