Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A volta ao cole, máis levadeira para os veciños de Saxamonde grazas á Comunidade de Montes

RR_Noticias

O mes de setembro trae consigo numerosos gastos para aquelas familias que teñen fillos en idade escolar. A Federación de Usuarios e Consumidores estima que ese gasto rolda os 400 euros. Conscientes de que ese desembolso supón para moitas familias unha contía difícil de asumir a Comunidade de Montes de Saxamonde decidiu colaborar “modestamente e na medida das súas posibilidades” abrindo unha liña de subvencións para axudar á compra de material escolar.

A Comunidade de Montes de Saxamonde ven de convocar estas axudas que se destinarán a familias con nenos que estean cursando segundo ciclo de infantil, primaria, secundaria e bacharelato, veciños da parroquia que sexan fillos ou netos de Comuneiros. Arturo Piñeiro, presidente da Comunidade, apunta que a decisión de facer esta achega responde á necesidade de apoiar a aquelas familias que teñen dificultades á hora de mercar o material escolar nuns tempos onde as axudas son cada vez máis escasas. Na liña de reinvestir na parroquia parte do beneficio que proporciona o monte e tendo en conta que se trata dunha comunidade modesta, destinarán a estas axudas unha cantidade total de 1.000 euros  que serán repartidos en vales de 40 euros para a adquisición de material escolar nun establecemento de Redondela aínda sen concretar. Buscan, así, de xeito paralelo o pulo do comercio local. A data límite de presentación de solicitudes é o 22 de setembro de 2013 ás 12:00 horas e poderán presentarse diante do Secretario ou do Presidente da Xunta Rectora  .  

Arturo Piñeiro presidente da Comunidade
Unha Comunidade sensible ás necesidades veciñais
Achega modesta
En total destínanse mil euros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará