Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alonso Montero pide facer de San Simón “a capital da lírica amorosa universal”

RR_Noticias

O presidente da Real Academia Galega participou na mañá de hoxe no acto presentación das actividades que terán lugar o sábado en San Simón baixo o nome “Lembrando a Meendinho. Lírica medieval amorosa en San Simón”. Un encontro literario e musical que contará coa actuación de Amancio Prada. O Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo e o alcalde Javier Bas salientaron a boa sintonía entre as administracións, unha colaboración que permite a organizacións destas actividades.

A poeta Yolanda Castaño será a encargada de presentar o acto do sábado no que intervirán os escritores Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade Paredes, Modesto Hermida García, Luís González Tosar e o presidente da RAG, Alonso Montero, que asistiu na mañá de hoxe á presentación oficial do acto xunto ao Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo e o alcalde, Javier Bas. Montero aproveitou a súa intervención para demandar das administracións a institucionalización dun acto literario na Illa “que se celebre todos os anos no mes de abril e que converta este espazo na capital da lírica amorosa universal” outorgándolle a San Simón “a relevancia que lle corresponde”. Unhas palabras que recollía Anxo Lorenzo quen aseguraba estar disposto dende a Xutna a poñer en marcha máis proxectos que sirvan para poñer en valor a Illa e as súas instalacións. Dende o Concello Javier Bas insistía en que a boa sintonía existente entre as diferentes administración fai posible que se organicen estas actividades así como a boa resposta que a cidadanía está a dar a cada un dos actos que se convocan na Illa. O sábado partirán dende Cesantes dous barcos para trasladar a todo o público que previamente teña reservado praza na Caseta de Turismo no número 986 401713.  

Alonso Montero Presidente da RAG
Pídelle ás administracións que institucionalicen un Día da lírica amorosa en San Simón
Anxo Lorenzo Secretario Xeral de Cultura
Colaboración coa posta en valor da Illa
Javier Bas alcalde
Salienta a boa colaboración dos cidadáns e das administracións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará