Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Suso Ben retoma as clases de debuxo, pintura e guitarra

RR_Noticias

Durante anos foi responsable das escolas municipais no Multiusos da Xunqueira. Logo de abandonar a súa relación laboral co Concello mantén as clases de debuxo, pintura e guitarra aínda que nun novo local, situado na rúa Hospital nas proximidades do cemiterio de Os Eidos.

Polas súas clases pasaron nas últimas décadas máis de 2000 alumnos, un éxito de convocatoria que conta con repetir neste curso que arrancará o vindeiro 4 de outubro. Iso si, as prazas son limitadas polo que as persoas interesadas deberán inscribirse antes do 27 de setembro. Poden facelo no propio local, en horario de mañá e tarde, ou no teléfono  986 400067. O prezo para asistir as clases é de 10 euros a matrícula e un pago mensual de 17 euros. Un prezo que inclúe todo o material necesario para iniciarse no dominio de técnicas tan diversas como o óleo, o carbonciño, a acuarela ou o pastel entre outras. Unhas clases abertas a todos aqueles que teñan interese en achegarse ao mundo da pintura independentemente dos seus coñecementos ou capacidades previas. De feito, Suso Cameselle Ben insiste en que toda aquelas persoas que teñan inquietude por aprender a debuxar ou pintar poderán converterse en expertos logo de adquirir a técnica necesaria. No mesmo sentido lembra que no seu taller impartirá clases de guitarra e solfexo e anuncia que esta a traballar nun novo método de ensino para que a parte teórica non desanime aos futuros músicos.  

Suso Ben monitor dos cursos
Prezos axustados
Clases de pintura
Todo o mundo pode aprender a pintar
Clases de guitarra
Suso traballa nun novo sistema de aprendizaxe máis ameno

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará