Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os redondeláns cumpren co uso do cinto e os sistemas de retención infantil

RR_Noticias

Na xornada de onte arrancaba en Redondela unha campaña, promovida pola Dirección Xeral de Tráfico en colaboración coa Policía Local, de control sobre o uso do cinto de seguridade e os sistemas de retención infantil. Dos 40 vehículos controlados todos cumprían cos requisitos establecidos. A campaña prolongarse ata o domingo día 15 e a partir de mañá intensificaranse os controis nas zonas escolares.

Axentes da Garda Civil de tráfico en colaboración cos policías locais de Redondela intensifican durante esta semana os controis sobre o uso do cinto de seguridade e os sistemas de retencións infantil, dispositivos fundamentais xa que reducen á metade o risco de morte en caso de accidente, no primeiro caso, e evitaría nove de cada dez lesións infantís, graves ou mortais, no segundo.
O obxectivo da campaña, que co inicio das clases a partir de mañá prestará especial atención aos vehículos que se dirixen aos centros educativos do concello, persegue que condutores e pasaxeiros empreguen sempre e en todos os asentos o cinto, igual que os dispositivos de seguridade para nenos: tanto as cadeiras como os elevadores adaptadores.
Na xornada de onte foron controlados un total de 40 vehículos na Avenida de Redondela en Chapela e na Avenida Mendiño en Redondela, comprobándose que todos os condutores e pasaxeiros cumprías cos requisitos establecidos.
A campaña de control intensificarase a partir de mañá nas inmediacións dos colexios, principalmente na zona escolar de Santa Mariña.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará