Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O propietario da cementeira de Vilar a xuízo por romper os precintos ata en 14 ocasións

RR_Noticias

O administrador da fábrica de formigóns de Vilar, Jorge Cuevas, deberá comparecer mañá día 11 no Xulgado do Penal número 2 de Vigo como imputado por un presunto delito de desobediencia grave á autoridade. O empresario deberá responder pola continua rotura dos precintos colocados na fábrica de Vilar por orde do concello ao carecer parte destas instalacións de licencia de apertura e actividade.

En total se lle acusa de romper os precintos ata en 14 ocasións, número de veces nas que a policía local se achegou ao lugar a precintar a cementeira por orde do Concello. Con todo, unha vez que a policía abandonaba as instalacións os responsables da empresa rompían estes precintos e continuaban desenvolvendo a súa actividade malia carecer da licencia perceptiva e malia as ordes expresas do goberno local.
Criticas de AER
Os membros da Agrupación de Electores acusan ao alcalde Javier Bas de mentir por ter negado ser parte demandante neste xuízo, que xa foi posposto en dúas ocasións con anterioridade (o 10 de outubro de 2012 e o 23 de xaneiro do presente ano).
AER solicitara no pleno do pasado mes de abril a comparecencia do rexedor local para que explicara os motivos de por que non se chegaran a celebrar ditos xuízos ao que Bas respondeu que “o Concello non é parte demandante senón que se puxeron os feitos en coñecemento do xulgado, que actúa de oficio”. Unha afirmación que non sería correcta tendo en conta que no informe do xulgado consta como acusación o propio concello segundo a información achegada por AER.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará