Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela Futbol Sala cae ante o IES Coruxo

RR_Noticias

O equipo cualifica de “mal xogo” o desenvolvido ante o club vigués que logrou unha contundente vitoria por 4-1. Os de Julio Mougán entenden que hai moito que analizar e correxir a dúas semanas de que comece o campionato ligueiro.

O Redondela non foi quen durante todo o encontro de atoparse cómodo na cancha viguesa tal e como acredita o resultado de 4-1. O IES Coruxo deixou patente que esta tempada dará moito que falar na 3ª división galega.
Ambos equipos dispuxeron de defensas altas presionantes, polo que o encontro tivo un ritmo moi alto con rotacións nos banquiños que foron constantes. Os xogadores choqueiros tiveron que facer un sobreesforzo físico pola boa circulación dos vigueses, sumado a unha das claves do encontro, que foi o desorde defensivo exhibido.
Dende a directiva do club redondelán entenden que o resultado e o xogo desenvolvido o sábado no campo do Coruxo deixa “moito que analizar e corrixir” e entenden unha sorte que sexa “en pretempada e con marxe de dous semanas antes de comezar o campionato ligueiro”.
Un mal resultado que se suma á derrota que o Futbol Sala Redondela sufría tamén a pasada semana no amigable disputado ante o Bembrive, encontro no que os de Mougán caían por 0-2.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará