Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela quedou sen cuadrilla anti incendios ao non se presentar ningunha empresa a concurso

RR_Noticias

O concelleiro de Interior, Arturo González, explicou atendendo a unha comparecencia solicitada por PSOE e AER, que non se puido facer unha contratación directa dos 5 brigadistas mediante oferta pública de emprego por cuestións económicas. Tampouco se cubriu o servizo mediante a contratación dunha empresa privada porque non houbo ningunha interesada.

Os incendios forestais estiveron moi presentes no pleno celebrado onte.. Por unha banda debateuse e aprobouse unha moción presentada polo BNG pola cal se lle solicitará á Xunta que se implementen un maior número de medidas de cara a minimizar as posibles consecuencias dos lumes e que se poñan en marcha iniciativas orientadas a por en valor o monte “cunha verdadeira política agroforestal”. Unha proposta que contou co apoio tanto de AER como do PSOE. Aproveitaba o concelleiro socialistas Eduardo Reguera para denunciar “os recortes de ata un 20% en medidas de prevención” que segundo dixo “levaron a que non se realizaran traballos previos de prevención necesarios para evitar a vaga de lumes que estamos a sufrir”. Reguera cualificaba de “insultante” que ante a situación actual Feijoo cualificase esta campaña antincendios de “magnífica” cando os lumes están a queimar zonas de alto valor ecolóxico e a cercar zonas habitadas como acontecía estes días en Ponte Caldelas. A moción que foi aprobada cos votos en contra do PP. O edil de interior Arturo González argumentaba o voto do seu grupo alegando que as medidas demandadas dende a formación nacionalista xa está a ser adoptadas tanto dende a Xunta como dende o goberno central. Aseguraba ademais que non houbo “ningún recorte” con 7.000 persoas traballando nas brigadas. Un concelleiro que tivo que dar explicacións, a raíz dunha comparecencia solicitada tanto pro AER como polo PSOE dos motivos que levaron ao noso municipio a non contratar unha brigada de prevención e defensa contra os lumes. Arturo González explicou que o obxectivo do goberno si era contratar a cinco brigadistas para que realizasen esta labor durante os meses de verán, pero que non foi posible logo de que o concurso para que algunha empresa asumise este servizo quedara deserto. O convenio entre a Xunta e os concellos permitía aos entes municipais contar coas súas propias cuadrillas contra incendios pagando o 25% do seu custe. Os municipios podían optar por facer as contratación directamente mediante unha oferta pública de emprego, opción que no caso de Redondela foi descartada polo seu alto custe económico, ou recorrer a unha empresa privada. Malia ser esta a fórmula elixida por Redondela non houbo ningunha empresa disposta a facerse cargo do servizo.  

Arturo González edil de interior
O concelleiro explicaba o motivo de que Redondela quedara sen cuadrilla
Cecilia Pérez Orge BNG
os naionslitas presentaron unha moción demandando da Xunta melloras na prevencións conra os incendios
Eduardo Reguera PSOE
Os socialistas criticaban os recortes que cifraron nun 20%

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará