Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O paseo marítimo de Arcade prolongarase ata a Ponte Medieval de Pontesampaio

RR_Noticias

A Deputación ven de licitar as obras cuxo custe ascende a 126.675 euros e consisten na construción dunha pasarela aérea colocada sobre pilotes metálicos hincados e taboleiros, dende as proximidades da ponte medieval de Pontesampaio ata o paseo marítimo existente en Arcade.

A pasarela realizarase con tramos de 12 metros de lonxitude e 2,45 metros de ancho exterior e suporá a conexión definitiva entre a área de esparcimento existente na explanada do peirao e a ponte medieval que cruza o río Verdugo.
Ambos espazos son áreas de recreo e de visita usual dos veciños da vila e de visitantes, considerándose dous polos de atracción turística necesarios de conectar para conseguir a potenciación turística no seu conxunto. Ademais, a nova senda contribuirá a integrar e vertebrar todo o borde litoral así como conectar a área residencial do peirao co núcleo urbano nas inmediacións da ponte.
Por outra banda, coa execución da presente obra e a prevista por Costas do Estado de Pontevedra que construirá un dique cunha lonxitude de 300 metros ó longo do actual paseo marítimo nas inmediacións da desembocadura do río Verdugo, ademais dunha pasarela peonil por debaixo das tres pontes que cruzan o canle fluvial, quedará totalmente rematado o paseo marítimo de 800 metros dende a zona portuaria de Pontesampaio, pasando polas praias do Peirao e Matilde.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará