Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimos días para se inscribir nos cursos municipais de informática

RR_Noticias

Manexarse con soltura en Internet ou aprender as nocións básicas para empregar un ordenador son algunhas das ofertas que nos deixa o departamento de Novas tecnoloxías de Redondela. A piques de rematar o prazo de inscrición, este martes 10 de setembro, dende o servizo lembran que os cursos impartiranse tanto na aula de Redondela no Multiusos como en Chapela e que teñen un custe trimestral de 69 euros.

Existen tres tipos de cursos. En primeiro lugar os de iniciación, destinados a persoas sen coñecementos de informática con grupos tanto en horario de mañá e tarde.
En segundo lugar hai cursos máis específicos, relacionados co uso de programas concretos como o Excel, o Contasol ou o programa Kompozer, que permitirán aos seus usuarios realizar tarefas básicas de oficina, deseño gráfico e creación de páxinas web ou labores de contabilidade.
Por último haberá cursos orientados exclusivamente a aprenderlles ao usuario o uso de internet, con aplicacións prácticas para desenvolverse nas diferentes redes sociais e na nube.
En todos os casos a duración dos cursos é de catro horas por semana durante tres meses con inicio o 16 de setembro e finalización o 13 de decembro. Os cursos impartiranse nas aulas CEMIT de Redondela no Multiusos da Xunqueira e en Chapela na rúa Manuel Rodríguez.
Máis informacións no departamento de Novas tecnoloxías ou no teléfono 986 400366.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará