Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Teixeira celebra as Festa na honra da Virxe das Dores

RR_Noticias

A programación que se vai desenvolver dende o venres ata o domingo inclúe os tradicionais actos relixiosos, verbenas, música diúrna e actividades para os máis novos cunha discoteca móbil na noite do venres.

Mañá día 6 arrancará o programa de festas cunha gran tirada de fogos de artificio e xa pola noite a discoteca móbil Spacemusic será a encargada de animar a xornada animada por gogos.
O sábado haberá pasarrúas polo Viso a cargo da charanga A Cabeza non para, a media tarde ofrecerase a tradicional ofrenda de flores á Virxe nos pereiro e pola noite as orquestras Miramar e Costa Blanca serán as encargadas de amenizar a verbena.
O domingo día 8 a banda de música de Redondela será a encargada dos pasarrúas a partir das dez da mañá dende o Cruce da Nogueira ata a Igrexa. As doce celebrarase a tradicional procesión e as 13:00 horas celebrarase a misa solemne cantada pola coral Pedra Blanca de Cesantes.
Pola tarde haberá festa da espuma e atraccións gratuítas para os nenos e os grupos Cosmos e Trío Lembranza pecharán as festas deste ano coa verbena nocturna.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará