Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Solla&Cía Chapela cae pola mínima ante o Teucro

RR_Noticias

A igualdade marcou o encontro disputado na xornada de onte entre o Teucro de Pontevedra e o equipo de balonmán de Chapela. Así o testemuña o resultado final do encontro que venceu o Teucro cun axustado marcador de 26-25. Malia a derrota o encontro amosa o bo estado de forma no que se atopan os xogadores de Fran Teixeira.

Dous equipos que volverán a verse as caras durante a competición ligueira xa que ambos os dous militan na División de Honra B e que onte amosaban no terreo de xogo o seu bo estado de forma. A igualdade foi a nota predominante do partido chegándose ao descanso cun empate a trece goles, unha igualdade que seguiu no segundo tempo rematando o partido a favor do Teucro que lograba un tanto máis que o seu rival. No Chapela as crónicas destacan o excelente traballo desenvolvido por Pablo Casal que foi o seu xogador máis destacado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará