Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

XIX edición do Lixo Rock na feira do gando

RR_Noticias

Improvisacións variadas que abarcan todos os estilos musicais volverán ser as protagonistas dunha nova edición do festival de música Lixo Rock. A cita é o venres día 6 a partir das 22:00 horas no solar que antigamente albergaba o mercado do gando na Avenida Mendiño.

Unha Jam sessión que ano tras ano conta coa presenza de grupos de toda a bisbarra, cuxos integrantes non dubidan en subir aos escenario para interpretar un par de tema, algunhas veces completamente improvisados e outras ensaiados con esmero durante varias semanas. Os estilos son variados pero o rock e o punk son os que máis soan, aínda que dende a organización animan a que todos os que o desexen, independentemente do seu gusto musical, se anoten e participen nunha cita musical aberta a todos os veciños. O obxectivo como sempre dar un espazo a grupos novos e non tan novos para que experimenten a emoción de subirse a un escenario e actuar ante un público que logo de case dúas décadas mantense fiel a este cita. Unha cita que organiza Toti Casal e que mantén dende os seus inicios o espírito reivindicativo.  

Toti Casal organizador do Lixo Rock
Unha cita aberta a todos os estilos
Espírito reivindicativo
Dende os seus inicios mantén a mesma filosofía

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará