Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un veciño de Redondela detido polo roubo nunha urbanización deshabitada de Cangas

RR_Noticias

A Garda Civil de Cangas detivo a E.O.V., de 33 anos de idade e veciño de Redondela, xunto a D.R.R. de 31, e con domicilio en Salceda de Caselas, como supostos autores dun delito de roubo con forza nas vivendas dunha urbanización en Cangas que se atopa deshabitada.

Os axentes das forzas de seguridade actuaron por mor dunha chamada telefónica recibida no cuartel da Garda Civil en Cangas. Un cidadán alertaba dunha furgoneta sospeitosa nunha urbanización, que na actualidade atópase deshabitada, sita dentro do termo municipal de Cangas. A patrulla dirixiuse ao lugar e puido comprobar como a porta do garaxe dunha das vivendas estaba forzada. Os axentes comprobaron que no interior do garaxe atopábase diverso material acumulado e preparado, supostamente, para ser transportado. Tratábase de obxectos tales como inodoros, lavabos, grifería, radiadores, que procedían de distintas vivendas da urbanización. A Garda Civil montou un dispositivo de vixilancia e, na madrugada do martes interceptaron un vehículo Fiat Scudo Combi cando saía xa do garaxe co material. O vehículo estaba ocupado polos dous homes, que doron detidos para a correspondente instrución das dilixencias. Tras prestar declaración ante o xuíz foron postos en liberdade, coa obriga de presentarse no xulgado de Instrución Número 2 de Cangas cando fosen requiridos. Ambos carecían de antecedentes penais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará