Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Entroido de Verán agarda 20.000 asistentes

RR_Noticias

A festa de carnaval estival é unha das citas máis agardadas e multitudinarias das que se celebran en Redondela. O Concello agarda que este sábado se superen as cifras de asistencia da pasada edición, cando unhas 18.000 persoas acudiron ataviadas con seus disfraces á vila. O programa inclúe actividades para nenos na Praza da Casa da Torre, e tamén para adultos, no Campo da Feira.

O concelleiro de Cultura, Julio Alonso, explicou que a partires das 18 horas comezarán as actividades. No espazo infantil haberá inchables, a actuación musical do grupo “Las Pamisuki” e obradoiros de globoflexia, maquillaxe e máscaras, para que todos os nenos participen. Para o público xuvenil e adulto a cita é no Campo da Feira, onde os hostaleiros locais instalarán un total de 13 barras. Comezarán as actuacións cos Djs Chimo Cabrera, rodri Vegas e Fisi. Ás 20.00 horas dará comezo a III Gala Drag Queen, que contará co transformista Cristian de Samil como mestre de ceremonias e no que se repartirán 1.500 euros en premios. A actuación estelar comezará ás 22.30 horas co concerto de Los Inhumanos, que recollen a testemuña de anteriores participantes como Georgie Dann ou King Africa. O grupo valenciano chegará a Redondela cunha formación de 15 integrantes para facer soar éxitos como Qué difícil es hacer el amor en un Simca 1.000, duba-Duba, Manué o Me duele la cara de ser tan guapo. Unh contratación que, segundo a concelleira Erminda Quelle, supón para o Concello un investimento de 7.500 euros. Un prezo que, con todo, resultou económico ao ter feito a reserva “con meses de antelación”, xa que a día de hoxe o “caché” do grupo e o dobre. Unha vez rematado o concerto, sobre as 00.30 horas, a música continuará cos “picadiscos” ata as 2 da madrugada. Rodri Vegas adinatou que soará música “festeira”, pero tamén temas dos anos 80 e outros máis comerciais e de música electrónica actual. Nesta XVI edición o Entroido de Verán é xa un clásico na axenda festiva de toda a comarca, e para facilitar os desprazamentos entre Redondela e Vigo o Concello decidiu reforzar o servizo de Noitebús. A parada en Redondela será na avenida Ernestina Otero e en Vigo na rúa Areal, con conexións até as 5 da madrugada.  

Julio Alonso edil de Cultura
Concertos para o público adulto no Campo da Feira.
Actividades infantís
Os máis pequenos terán o seu espazo na Praza da Casa da Torre.
Erminda Quelle edil de Xuventude
O Concello elexiu a Los Inhumanos polo seu carácter festeiro.
Rodri Vegas DJ
Os picadiscos farán soar música festeira e tamén a máis comercial e electrónica.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará