Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo para participar no VideoLixo 2013

RR_Noticias

Trátase dun certame de vídeo e cine que se enmarca dentro da programación do Artelixo, o festival de artes que se desenvolverá nas rúas de Redondela do 26 de agosto ao 6 de setembro e que xira ao redor dunha aberta definición do concepto de “lixo” e a cultura “trash”. Para participar só é preciso enviar un vídeo ao enderezo organizacionvideolixo@gmail.com antes do 27 de agosto.

O vídeo pode enviarse en Wetransfer, Vimeo ou demais plataformas online, ou ben a través de Festhome. Tamén é precisoengadir un documento en PDF cos datos de contacto do creador e unha sinopse sobre o traballo audiovisual. O certame terá lugar o domingo 1 de setembro, e o emprazamento é aínda secreto.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará