Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un incendio calcina unha nave en Ventosela

RR_Noticias

O lume orixinouse na madrugada de onte e danou maquinaria agrícola que estaba alí almacenada, ademais de afectar á estrutura e ao tellado do inmoble. Até o lugar desprazouse o Grumir de Redondela, efectivos do Parque Comarcal de Bombeiros do Porriño e os Bombeiros de Vigo. A Policía Científica está a investigar as causas do incendio.

Pasaban uns minutos das 3.00 da madrugada cando se deu aviso ós bombeiros de Vigo, que traballaron preto de seis horas nas labores de extinción, debido á existencia de gran cantidade de palla e leña no interior da nave. Segundo os membros do Grumir, a propia extinción durou unhas dúas horas pero necesitaron outras catro para remover o chan para arrefriar o fondo das alpacas. O incendio afectou a tres tractores grandes con remolque, dous motocultores, unha empacadora e diverso material agrícola de pequeno tamaño. En canto á nave, quedou afectada a estrutura e tamén o tellado. Ademais morreron galiñas e coellos que se atopaban na nave, pero non houbo persoas afectadas. Un equipo da Policía Científica acudiu onte ao mediodía ao lugar dos feitos para determinar as causas do sinistro. Trátase do segundo incendio que se produce en Redondela nos últimos días, despois de que o pasado sábado ardera unha vivenda e unha furgoneta en Eira Pedriña, na N-555.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará