Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela celebra o I Torneo Campito Fútbol Sala

RR_Noticias

Un total de 36 equipos participan na primeira edición deste campionato, que organiza o Club Campito Fútbol Sala no Pavillón Municipal de Chapela. Os partidos comezan esta tarde, ás 15.00 horas, e prolongaranse ata o domingo, nas categorías absoluta masculina, absoluta feminina e nas inferiores de cadetes e xuvenís.

Iago Fernández, presidente do club, amósase “moi satisfeito” co éxito desta primeira edición, sobre todo coa participación feminina, xa que contan con oito equipos de alto nivel, entre eles o Olivo de Vigo. O torneo contará tamén cunha vertente solidaria, xa que a inscrición dos equipos de categorías base non se fará en metálico, senón que os xogadores terán que achegar alimentos non perecedoiros, que o club fará chegar ó banco de alimentos de Redondela. Fernández anima a todos os veciños e afeccionados ó fútbol sala a achegarse ó pavillón de Chapela para presenciar o torneo. No club traballan polo deporte base e conta xa con máis de 80 xogadores de todas as categorías, logo de fusionarse co club Casa Conchita.  

Iago Fernández presidente do club
O torneo conta cunha alta participación de equipos femininos de gran nivel.
Torneo solidario
Parte das inscripcións serán en quilos de comida que se van doar ó bando de alimentos de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará