Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello publica as bases da III Gala Drag Queen que se celebrará no Entroido de Verán

RR_Noticias

Nesta terceira edición a Concellería de Cultura realiza unha forte aposta polo certame con importantes premios que repartirán 1.500 euros entre os tres primeiros clasificados. A gala, que será presentada polo transformista Cristian de Samil, preténdese situar como un evento de referencia a nivel nacional e gran participación de concursantes e público.

O obxectivo deste concurso é a elección do Drag Queen do Entroido de Verán 2013 do Concello de Redondela, así como o primeiro e segundo clasificados, na gala que terá lugar o sábado, 24 de agosto de 2013. A inscrición está aberta ata o 22 de agosto para todos os interesados, que deben enviar a solicitude oficial cuberta xunto co resto da documentación solicitada ao enderezo electrónico galadrag@redondela.es, ou ben a entregala persoalmente no Concello de Redondela. Os participantes deben maiores de idade, e presentar antes da gala o nome da súa fantasía e a música que utilizará para a súa presentación. A posta en escena debe ser orixinal, e a temática é libre, pero quedan prohibidos os elementos motorizados e os os dispositivos eléctricos. As bases ao completo poden consultarse na páxina web do Concello de Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará