Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Deputación anuncia un novo investimento de 700.000 euros no complexo de Santa Mariña

RR_Noticias

Cando está a piques de finalizar o acondicionamento dos dous campos de fútbol, o ente provincial anuncia un novo proxecto que incluirá a creación de bancadas cubertas para preto de mil persoas. Ata o de agora xa se corrixiron as deficiencias que rexistraban as instalacións e dotouse o terreo de xogo de céspede artificial.

A reforma do complexo deportivo de Santa Mariña de Redondela, onde xoga o recentemente ascendido Club Deportivo Choco, suporá un investimento de máis de 1.400.000 euros, segundo anunciou na tarde de onte o presidente da Deputación, Rafael Louzán, que visitou o campo para comprobar os traballos que se están realizando. A nova actuación suporá un investimento de 700.000 euros, a mesma cantidade que os traballos realizados ata o de agora, e que foi achegada pola Deputación e o Concello. Estes traballos incluíron a ampliación e acondicionamento dos dous terreos de xogo e a dotación de céspede artificial de última xeración. Así mesmo, entre outras actuacións, procedeuse a solucionar os problemas que presentaban os campos, corrixindo as pendentes que provocaban acumulación de auga e, en consecuencia, impedían o correcto mantemento do céspede. Unha vez realizadas estas obras, a Deputación, segundo anunciou Louzán, procederá á licitación dos traballos de dotación de novos equipamentos e mellora dos existentes. Así, está previsto que se constrúa unha nova edificación que constará dunha grada cuberta con capacidade para preto de 600 espectadores, vestiarios, locais polivalentes e aseos, ademais de preto de 200 prazas máis de gradas cubertas para a pista de tenis. A iso sumarase un edificio novo nos límites da parcela para control e acceso ás instalación, o peche da parcela onde sexa preciso, e 2 gradarías descubertas para dar servizo ao campo de fútbol secundario.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará