Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Solla&Cía Chapela comeza a pretemporada cun partido diante do FC O Porto balonmán

RR_Noticias

Os pupilos de Fran Teixeira comezaron os adestramentos o día 1 de agosto coas novas incorporacións, e este venres disputarán o primeiro amigable diante do gañador da liga portuguesa. Unha boa oportunidade para que os afeccionados vexan en acción ó seu equipo, que en cinco semanas comezará a liga na División de Prata do balonmán nacional.

O técnico contou co persoal ó completo: Celti e Toño -nova incorporación- (porteiros), Iago e Rubén (pivotes), Pablo Vidal, Adrián, Anxo, Fabián, Pablo Casal e Marco -nova fichaxe- (primeiras liñas), e o extremo Chema xunto con Nando e Quique -recentemente incorporados ó equipo. Ao traballo do conxunto sumáronse os xuvenís Xurxo e Leo. O debut na División de Honra de Prata realizarase o día 14 de setembro no pavillón de Chapela fronte ao Balonmán Alcobendas. Teixeira recoñece que será unha temporada cargada de “ilusión e sacrificio”, advirte que o nivel da categoría é moi elevado pero asegura que o Solla&Cía Chapela sairá “a competir” en todos os partidos, e que os rivais “terán que loitar” para pasarlles por riba. Para preparar a tempada contarán con varios partidos, o primeiro será este venres 9 de agosto fronte ao O Porto, encontro que se disputará no pavillón de Chapela ás 20.30 horas. Unha boa ocasión para que o seu público vexa en acción á formación redondelá e tamén ó campión da liga portuguesa, que vai disputar a Campion. A próxima semana irán a terras portuguesas a disputar varios encontros e rematarán o coa Copa Galicia o 24 de agosto fronte aos Luceros (antigo balonmán Cangas).  

Fran Teixeira adestrador
O técnico advirte que será unha temporada de moitas ilusións e sacrificios.
Solla&Cía- O Porto
O público de Chapela poderá ver ó novo equipo fronte ó campión da liga portuguesa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará